domingo, 8 de junio de 2014

EXPERIMENTAMOS COS CARAVEIS!

Aproveitando que estamos na primavera e coñecemos as partes das flores, fixemos un experimento para ver como estas absorben a auga e os minerais. Para iso utilizamos tres vasos de tubo, unha pouca auga, colorante alimentario de 3 cores (azul, amarela e vermella) e caraveis.
PRIMEIRO, botamos auga nos tres vasos de tubo.
SEGUNDO, botámoslle os 3 colorantes, un en cada vaso e ulimos cada un deles. Algúns pensamos que ulía a amorodos e outros que parecía xelatina.
TERCEIRO, cortámoslle un pouco o talo para que non deitase o vaso.
CUARTO, pensamos que lle pode ocorrer aos caraveis; uns dixemos que morrerían, outros que seguirían igual e houbo quen dixo que cambiarían de cor.
QUINTO, puxemos os caraveis e esperamos a ver os cambios.
SEXTO, falamos sobre o colorante alimentario e para que se utiliza. Falamos das golosinas que son de cores, os caramelos ou os pasteis. E entón foi cando varios preguntamos que pasaría se mesturamos as cores. Logo decidimos facer unha proba, mesturar amarelo con azul. O resultado foi que saiu a cor verde, na cal tamén puxemos un caravel para observar.
SÉPTIMO, ao longo da mañá puidemos observar como os pétalos dos caraveis ían amosando a cor da auga que absorberon.
OITAVO, quedamos de ver como estarían o luns ao chegar á aula.
Que ben o pasamos!





No hay comentarios:

Publicar un comentario