viernes, 13 de junio de 2014

A PINTURA RUPESTRE

Esta semana estivemos aprendendo cousas novas sobre a Prehistoria. Descubrimos que os nosos ancestros utilizaban as paredes das cavernas para pintar, pero non utilizaban ceras coma nós. Para colorear aproveitávanse das cores que a natureza lles proporcionaba (arxila, lama, carbón, sangue, ...), logo observamos como o facían en distintos vídeos e imaxes.
Quedámonos cunha técnica que nos chamou moito a atención, a de pintar as mans en negativo (a beira da man) e positivo (a pegada da man), pois atopámonos cun lote de imaxes de cavernas estampadas coas mans dos prehistóricos.
Ao remate fixemos as pegadas en positivo e negativo na nosa caverna, non tiñamos arxila e sangue, polo que utilizamos unha mestura de pintura de dedos marrón e vermella. 
Mirade como nos quedou!



No hay comentarios:

Publicar un comentario