lunes, 31 de marzo de 2014

PINTAMOS COMA PIET MONDRIAN

Despois de coñecer a Paul Cèzanne e a algún dos seus cadros máis destacados, os Dodos puxémonos mans á obra e desta vez investigamos un pouquiño sobre a vida e obra de Piet Mondrian.
Descubrimos que era un famoso pintor holandés que lle gustaba moito facer raias ata formar cadrados e rectángulos de distintas formas. Tamén averiguamos que tivo unha época na que soamente pintaba coas cores vermella, amarela, azul, negra e branca.
Como nos gusta moito ser pintores profesionais, decidimos pintar coma Mondrian. Fixemos moitas raias, cadrados e rectángulos, pintamos de vermello, azul, amarelo e branco. O resultado foi impresionante, mirade que artistazos estamos feitos!!



martes, 25 de marzo de 2014

O DÍA DA ÁRBORE

Cadrando coa chegada da Primavera, este venres festexamos no cole O Día da Árbore. Un acontecemento que debemos ter moi presente todo o ano e no que lembramos a importancia de protexer as superficies arboladas.
Coa axuda da profe Chus, Os Dodos plantamos unha fermosa planta no xardín do cole. Pero antes o profe Xaquín fíxonos un buraco para metela dentro. Como este era algo grande botámoslle unha pouca terra para que asentase mellor, logo a profe Chus ensinounos como colocala e como botarlle terra para tapar.
Ao remate botámoslle unha pouca auga, tanto a nosa nova planta como ás demais que a rodeaban.
Mirade, mirade!




viernes, 21 de marzo de 2014

CUMPLE DO NOSO CARLIÑOS

Hoxe o noso Carliños cumpliu 4 anos. Foi unha moi boa festa! A súa mamá trouxonos unha tarta super simpática e moi saborosa, repetimos un montón de veces! Tamén lle cantamos os parabéns, sopramos na vela, tiramos das orellas e botamos unhas divertidas bailas. Que tarde máis divertida!
Moitos parabéns Carlos!!



lunes, 10 de marzo de 2014

LAURA XA TEN 4 ANOS!

Hoxe tivemos celebración na aula dos Dodos. A nosa Laura cumpliu 4 anos e coma en toda festa tivemos de todo. Cantamos todos xuntos os parabéns, tirámoslle das orellas, sopramos nas velas e saboreamos unha deliciosa tarta, que traía debuxada a unha simpática Peppa Pig.
Menuda festa! Moitos parabéns Lauriña!


domingo, 2 de marzo de 2014

OS MELLORES LECTORES DE FEBREIRO

Neste mes de Febreiro destacamos como mellores lectores a Olalla e a Rodrigo, polo seu enorme interese por coñecer novos contos e desexar contalos aos seus compañeiros/as. A quen lle tocará no mes de Marzo?


O ENTROIDO

Desexamos que pasedes un bo Entroido, comendo ricas lambetadas e discorrendo os mellores e máis tolos disfraces. Unha aperta!