lunes, 30 de junio de 2014

CHEGOU A DESPEDIDA!



Xa pasaron nove meses! Parece que foi onte cando chegamos ao cole e coñecemos por primeira vez ao noso amigo Dodo e a tódolos profes que nos acompañaron nesta aventura. Pero chegou o verán e toca despedirse desta etapa tan prehistórica. Pechamos un curso fantástico, cheo de emocións, diversións, ilusións e sobre todo de cariño. 
Desexo que teñades un bo verán, acompañados dos máis queridos e facendo o todo o que vos ilusione!



Déixovos un vídeo moi simpático dos dodos bailando no Nadal! Mirade como cambiaron!


MOITAS GRAZAS POR TODO!
UN ABRAZO ENORME E ATA SEMPRE!

martes, 24 de junio de 2014

SESIÓN FOTOGRÁFICA PARA OS DODOS



Xa pasou un curso enteiro e Os Dodos estamos feitos uns auténticos cavernícolas. Aquí vos deixamos algunhas das fotos que a nosa profe nos sacou, tanto na caverna coma no noso, tan desexado, patio.
Estamos guapísimos, verdade?



lunes, 23 de junio de 2014

OS CAVERNÍCOLAS PINTAMOS UN BISONTE

Chegou o remate do trimeste e Os Dodos preparamos a nosas portadas dos traballos. Como recentemente estivemos aprendendo cousas sobre a pintura rupestre, ao igual que os cavernícolas, decidimos pintar un bisonte. Utilizamos a técnica da acuarela e para darlle un toque máis prehistórico, a nosa profe queimou os bordes da folla. 
Mirade como quedou!



sábado, 21 de junio de 2014

OS DODOS E A GRÁFICA DO TEMPO

Neste curso escolar Os Dodos fixemos de meteorólogos/as, polo que cada día estivemos observando e clasificando as características do tempo que houbo en Baio; uns días choveu moito, outros estivo nubrado, algúns tiveron sol e nubes e outros foron completamente soleados.
Para calcular os días de chuvia, sol e nubes decidimos facer un gráfico. Cada día debuxabamos o tempo que correspondía, logo no ábaco da aula iamos aumentando as bolas segundo o tempo que fixese e ao remate sempre faciamos un reconto. 
Con esta divertida actividade practicamos os números, o debuxo e a capacidade de observar as condicións atmosféricas, chegando a diversas conclusións. Por exemplo, nos meses do invernos houbo máis días de chuvia, mentras que no mes de xuño tivemos máis días soleados.
Botádelle un ollo!



NO REMATE DO CURSO, DE VERMES A BOLBORETAS!

Levamos dous meses na compaña dos Vermiños da Seda e neste tempo fomos testemuñas directas de como cambiaron. Foi nesta derradeira semana cando chegaron á fase final da súa evolución, a de sair dos casulos da seda convertidos nunhas simpáticas bolboretas.
Durante estes días, os chicos bolboreta estiveron movendo moito as ás para chamar a atención das chicas bolboreta.
Ao remate, despois de tanto amorío as bolboretas puxeron un montón de ovos, así que para a vindeira primavera teremos moitos máis vermiños.
Mirade como cambiaron!


viernes, 13 de junio de 2014

A PINTURA RUPESTRE

Esta semana estivemos aprendendo cousas novas sobre a Prehistoria. Descubrimos que os nosos ancestros utilizaban as paredes das cavernas para pintar, pero non utilizaban ceras coma nós. Para colorear aproveitávanse das cores que a natureza lles proporcionaba (arxila, lama, carbón, sangue, ...), logo observamos como o facían en distintos vídeos e imaxes.
Quedámonos cunha técnica que nos chamou moito a atención, a de pintar as mans en negativo (a beira da man) e positivo (a pegada da man), pois atopámonos cun lote de imaxes de cavernas estampadas coas mans dos prehistóricos.
Ao remate fixemos as pegadas en positivo e negativo na nosa caverna, non tiñamos arxila e sangue, polo que utilizamos unha mestura de pintura de dedos marrón e vermella. 
Mirade como nos quedou!



jueves, 12 de junio de 2014

A NOSA SARIÑA ESTIVO DE CUMPLE!

Hoxe Sara festexou o seu cuarto cumple e menuda festa montamos! Non faltou o tirón de orellas, as cancións do parabéns e sobre todo a degustación dunha riquísima tarta de chocolate, feita pola familia de Sara. 
Foi un momento moi lindo no que Sara apagou as 4 velas do seu aniversario. Moitas felicidades peque! Desexamos que tiveses un estupendo día!



miércoles, 11 de junio de 2014

FESTEXAMOS O CUMPLE DE OLALLA!

Hoxe tivemos outro cumple, o da nosa amiga Olalla. Aínda que o seu aniversario é no mes de xullo, decidimos facelo hoxe, porque así podemos felicitala e darlle moitos bicos.
Foi un momento moi divertido, onde lle cantamos os parabéns, lle tiramos das orellas e probamos a deliciosa tarta que fixo a mamá de Olalla.
Moitos parabéns Olalla! Desexamos que desfrutases moito do teu día!!



MÁIS FLORES NA NOSA AULA

Aproveitando que hoxe Alicia nos trouxo un montón de flores chulísimas, estivemos observándoas, coñecendo as súas características e vendo as partes que as forman. 
Foi un momento moi enriquecedor e entretido. Moitas grazas Alicia!



martes, 10 de junio de 2014

CELEBRAMOS O CUMPLE DE LETICIA!

A nosa amiga Leticia está de cumple no mes de Agosto, pero nós non estamos para celebralo. Así que hoxe fixemos unha festa, para que Leticia teña os nosos parabéns e reciba todo o noso cariño. Estivemos cantando, tirámoslle das orellas e comemos unha tarta que estaba riquísima.
Moitos parabéns Leticia! Desexamos que tiveses un estupendo día!!



domingo, 8 de junio de 2014

EXPERIMENTAMOS COS CARAVEIS!

Aproveitando que estamos na primavera e coñecemos as partes das flores, fixemos un experimento para ver como estas absorben a auga e os minerais. Para iso utilizamos tres vasos de tubo, unha pouca auga, colorante alimentario de 3 cores (azul, amarela e vermella) e caraveis.
PRIMEIRO, botamos auga nos tres vasos de tubo.
SEGUNDO, botámoslle os 3 colorantes, un en cada vaso e ulimos cada un deles. Algúns pensamos que ulía a amorodos e outros que parecía xelatina.
TERCEIRO, cortámoslle un pouco o talo para que non deitase o vaso.
CUARTO, pensamos que lle pode ocorrer aos caraveis; uns dixemos que morrerían, outros que seguirían igual e houbo quen dixo que cambiarían de cor.
QUINTO, puxemos os caraveis e esperamos a ver os cambios.
SEXTO, falamos sobre o colorante alimentario e para que se utiliza. Falamos das golosinas que son de cores, os caramelos ou os pasteis. E entón foi cando varios preguntamos que pasaría se mesturamos as cores. Logo decidimos facer unha proba, mesturar amarelo con azul. O resultado foi que saiu a cor verde, na cal tamén puxemos un caravel para observar.
SÉPTIMO, ao longo da mañá puidemos observar como os pétalos dos caraveis ían amosando a cor da auga que absorberon.
OITAVO, quedamos de ver como estarían o luns ao chegar á aula.
Que ben o pasamos!





viernes, 6 de junio de 2014

ESTAMOS CONVIDADOS!

Este venres os nosos amigos e amigas de 5 anos trouxéronnos unha simpática invitación para a súa graduación. Estamos moi emocionados porque imos ser testemuñas dunha tenra e emocionada celebración. 
Moitas grazas pola invitación Mamuts! Ímolo pasar moi ben!


jueves, 5 de junio de 2014

UN NIÑO DE PAXARO NA CLASE DOS DODOS

Hoxe o noso amigo Carliños tróuxonos un niño dun paxaro á clase. Foi unha grande sorpresa que nos encantou, pois puidemos observar de preto como estaba feito. Carlos contounos onde estaba e como o colleron.
Logo, pensamos como o puido facer a mamá paxaro, comprobamos canto pesaba e falamos de porqué os paxaros intentan facer os seus niños nas árbores. 
Foi unha actividade moi entretida e enriquecedora. Moitas grazas Carliños!



miércoles, 4 de junio de 2014

A VISITA DA CURUXA "DUDA"

Hoxe tivemos unha visita moi especial, a dun cetreiro que viña acompañado dunha simpática curuxa chamada "Duda". Despois da hora do patio, fomos cara a pista do cole para ver como Duda voaba dun lado ao outro. Vimos como o facía, pero logo escapou da nosa vista. Estaba algo avergonzada pola presenza de tantos nenos e nenas mirando para ela.
Ao remate o cetreiro tróuxonola á aula, alí puidemos tocala e observar con detalle como era. Fixemos moitas preguntas e descubrimos un lote de cousas que non sabiamos. 
Mirade que bonita é!



lunes, 2 de junio de 2014

OS MELLORES LECTORES DE MAIO

No mes de Maio os mellores lectores da aula dos Dodos foron Alfonso e Carlos, polo seu desfrute ante os contos e as pequenas historias. Moitos parabéns amigos! Quenes serán para o vindeiro curso?