viernes, 27 de diciembre de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Despois de varias semanas ensaiando, chegou o día e menuda actuación fixemos. Estabamos todos moi guapos/as! Aquí vos deixamos unha pequena mostra.


Este vídeo foi aportado polos papás de Carlos. Moitas grazas!





jueves, 26 de diciembre de 2013

POSTAIS DE NADAL PARA O/A AMIGO/A INVISIBLE

Co motivo destas festas, no colexio fixemos un intercambio de postais de nadal, coma se fose o/a amigo/a invisible. Para isto cada aula elaborou a súa postal.
Os Dodos fixemos unha postal con forma de árbore e adornada con boliñas de cores, estas ían impresas coa forma dos corchos das botellas. Despois puxémoslle purpurina para facer que brillasen. 
A profe Chus axudounos a facelas e ao remate quedáronnos moi chulas!!


miércoles, 25 de diciembre de 2013

UN RENO DE PAPÁ NOEL PARA O NADAL

Para este Nadal, os nenos e nenas de 3 anos elaboramos un simpático reno con materiais de refugallo. 
Primeiro pintamos de marrón o tubo de papel de WC, logo botámoslle cola para pegarlle os ollos e o nariz vermello (coma Rudolf). Para rematar picamos cun punzón os cornos.
Mirade canto traballamos!


martes, 24 de diciembre de 2013

BO NADAL PARA TODOS E TODAS!!

Desexamos, con todo o noso cariño, que pasedes unhas boas festas, na compaña dos máis queridos, con fermosos agasallos de Papá Noel e comendo moito turrón. 
Un abrazo enorme!



martes, 17 de diciembre de 2013

O NOSO TEO XA TEN 3 ANOS!

Este pasado luns foi un día moi especial para Os Dodos, pois festexamos o terceiro cumple do noso amigo Teo. Cantámoslle os parabéns, tirámoslle das orellas tres veces, bailamos e axudámoslle a apagar a vela. Menudo cumple e que delicioso estaba o bizcoito!
Mooooooitas felicidades Teo!


lunes, 16 de diciembre de 2013

COUSAS DO NADAL

Nestes días, Os Dodos, traballamos moito e atopámonos con moitas sorpresas de Nadal. Por un lado, pintamos estrelas para montar a árbore do cole. Un montón de estrelas, quedou chulísima!!
E polo outro, na porta da nosa aula apareceu o rei mago Baltasar. Menuda sorpresa!!


miércoles, 11 de diciembre de 2013

O NADAL CHEGOU AO LABARTA POSE

Coa chegada do Nadal, Os Dodos puxémonos máns á obra e montamos a nosa árbore. Entre todos fomos colocando pouco a pouco cada un dos adornos. Quedou moi chula, verdade? 

miércoles, 4 de diciembre de 2013

OS MELLORES LECTORES DE NOVEMBRO

Pouco a pouco Os Dodos están conquistando a biblioteca do cole. Cada día len máis contos e teñen interese por ensinarllos aos compañeir@s. No mes de novembro, pola súa motivación e interese, escollemos a Laura e a Sara. A quen lle tocará no mes de Decembro?



lunes, 4 de noviembre de 2013

O MAGOSTO NO LABARTA POSE

Neste Magosto Os Dodos divertímonos moito. Elaboramos o soporte para as castañas, pintando coas cores do outono os tubos de papel da cociña. Quedáronnos moi bonitos!
Chegado o día sinalado, festexamos comendo castañas e bebendo uns grolos de auga e zume. Tamén probamos deliciosos postres como o bizcoito ou o flan de castaña. E o día non rematou sen xogar á Oca. Qué divertido!

viernes, 1 de noviembre de 2013

OS MELLORES LECTORES DE OUTUBRO

Desde a biblioteca do colexio partíu a iniciativa de escoller cada mes aos mellores lectores de cada aula. O interese pola lectura, a motivación e as ganas de coñecer novos contos, levounos a escoller a todos Os Dodos como Mellores Lectores no mes de outubro.
Quenes serán os do mes de Novembro?

jueves, 31 de octubre de 2013

OS DODOS NO SAMAÍN

O Samaín chegou ó Labarta Pose e Os Dodos desfrutámolo ó máximo; preparamos cousiñas para decorar, trouxemos as nosas arrepiantes cabazas e pintamos a cara dun xeito terrorífico. Mirade, mirade ... e non teñades medo! 

martes, 29 de octubre de 2013

COCIÑA DE MEDO

No Samaín os máis pequenos puxémonos máns á obra e creamos unhas deliciosas e terroríficas receitas: arañas e cabazas. Como podedes observar na diapositiva, quedáronnos moi ben!


miércoles, 23 de octubre de 2013

OS NOSOS MEDOS

Aproveitando a chegada do Samaín, Os Dodos debuxamos os nosos medos para logo queimalos e facelos desaparecer. Mirade, mirade!!



lunes, 21 de octubre de 2013

O DÍA A DÍA

Pouquiño a pouco Os Dodos imos adaptádonos ó novo cole. Facemos amig@s, elaboramos as primeiras fichas, modelamos plastilina facendo cousas divertidas, visitamos a biblioteca e aprendemos a utilizar o ordenador nas clases de informática. 
Aquí tedes unha pequeniña mostra do noso día a día. Desexamos que a desfrutedes!


lunes, 16 de septiembre de 2013

O NOSO PRIMEIRO DÍA DE COLE

Os nenos e nenas de 3 anos comezamos unha fermosa etapa no Ceip Labarta Pose. A nosa chegada á aula estivo chea de emoción, medo e curiosidade. Emoción porque estabamos no cole de maiores, medo porque todo era descoñecido e curiosidade por ver o que nos depararían tantas novidades.
Foi neste grande día cando visitamos por primeira vez a aula, nos atopamos con vell@s e nov@s amig@s, xogamos cos xoguetes, falamos coa mestra María e coñecemos ó amigo Dodo. 
Unha mañá impresionante que rematou cuns pequenos petiscos no comedor e os primeiros xogos no patio. 
MIRADE, MIRADE!


jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVIDOS Ó LABARTA POSE!

Ola amig@s! Benvidos ó voso primeiro curso escolar! Estou moi contento de poder desfrutar da vosa compañía. O meu nome é Dodo e veño dun lugar moi lonxano, que iredes coñecendo co paso dos días.
Cheguei ó Labarta Pose, xunto cos meus amigos Tigre e Mamut, para encher de ilusión e diversión ós máis pequen@s de Baio.
Cada día verei os vosos fermosos traballos, cantas cousas aprendedes e o ben que o pasades. Desexo que comecedes esta nova etapa con moita enerxía e ledicia. Xa estades no cole dos maiores así que agora a DESFRUTAR!!!
Unha aperta enorme e ata pronto!
Dodo.