lunes, 30 de junio de 2014

CHEGOU A DESPEDIDA!



Xa pasaron nove meses! Parece que foi onte cando chegamos ao cole e coñecemos por primeira vez ao noso amigo Dodo e a tódolos profes que nos acompañaron nesta aventura. Pero chegou o verán e toca despedirse desta etapa tan prehistórica. Pechamos un curso fantástico, cheo de emocións, diversións, ilusións e sobre todo de cariño. 
Desexo que teñades un bo verán, acompañados dos máis queridos e facendo o todo o que vos ilusione!



Déixovos un vídeo moi simpático dos dodos bailando no Nadal! Mirade como cambiaron!


MOITAS GRAZAS POR TODO!
UN ABRAZO ENORME E ATA SEMPRE!

martes, 24 de junio de 2014

SESIÓN FOTOGRÁFICA PARA OS DODOS



Xa pasou un curso enteiro e Os Dodos estamos feitos uns auténticos cavernícolas. Aquí vos deixamos algunhas das fotos que a nosa profe nos sacou, tanto na caverna coma no noso, tan desexado, patio.
Estamos guapísimos, verdade?



lunes, 23 de junio de 2014

OS CAVERNÍCOLAS PINTAMOS UN BISONTE

Chegou o remate do trimeste e Os Dodos preparamos a nosas portadas dos traballos. Como recentemente estivemos aprendendo cousas sobre a pintura rupestre, ao igual que os cavernícolas, decidimos pintar un bisonte. Utilizamos a técnica da acuarela e para darlle un toque máis prehistórico, a nosa profe queimou os bordes da folla. 
Mirade como quedou!



sábado, 21 de junio de 2014

OS DODOS E A GRÁFICA DO TEMPO

Neste curso escolar Os Dodos fixemos de meteorólogos/as, polo que cada día estivemos observando e clasificando as características do tempo que houbo en Baio; uns días choveu moito, outros estivo nubrado, algúns tiveron sol e nubes e outros foron completamente soleados.
Para calcular os días de chuvia, sol e nubes decidimos facer un gráfico. Cada día debuxabamos o tempo que correspondía, logo no ábaco da aula iamos aumentando as bolas segundo o tempo que fixese e ao remate sempre faciamos un reconto. 
Con esta divertida actividade practicamos os números, o debuxo e a capacidade de observar as condicións atmosféricas, chegando a diversas conclusións. Por exemplo, nos meses do invernos houbo máis días de chuvia, mentras que no mes de xuño tivemos máis días soleados.
Botádelle un ollo!



NO REMATE DO CURSO, DE VERMES A BOLBORETAS!

Levamos dous meses na compaña dos Vermiños da Seda e neste tempo fomos testemuñas directas de como cambiaron. Foi nesta derradeira semana cando chegaron á fase final da súa evolución, a de sair dos casulos da seda convertidos nunhas simpáticas bolboretas.
Durante estes días, os chicos bolboreta estiveron movendo moito as ás para chamar a atención das chicas bolboreta.
Ao remate, despois de tanto amorío as bolboretas puxeron un montón de ovos, así que para a vindeira primavera teremos moitos máis vermiños.
Mirade como cambiaron!


viernes, 13 de junio de 2014

A PINTURA RUPESTRE

Esta semana estivemos aprendendo cousas novas sobre a Prehistoria. Descubrimos que os nosos ancestros utilizaban as paredes das cavernas para pintar, pero non utilizaban ceras coma nós. Para colorear aproveitávanse das cores que a natureza lles proporcionaba (arxila, lama, carbón, sangue, ...), logo observamos como o facían en distintos vídeos e imaxes.
Quedámonos cunha técnica que nos chamou moito a atención, a de pintar as mans en negativo (a beira da man) e positivo (a pegada da man), pois atopámonos cun lote de imaxes de cavernas estampadas coas mans dos prehistóricos.
Ao remate fixemos as pegadas en positivo e negativo na nosa caverna, non tiñamos arxila e sangue, polo que utilizamos unha mestura de pintura de dedos marrón e vermella. 
Mirade como nos quedou!



jueves, 12 de junio de 2014

A NOSA SARIÑA ESTIVO DE CUMPLE!

Hoxe Sara festexou o seu cuarto cumple e menuda festa montamos! Non faltou o tirón de orellas, as cancións do parabéns e sobre todo a degustación dunha riquísima tarta de chocolate, feita pola familia de Sara. 
Foi un momento moi lindo no que Sara apagou as 4 velas do seu aniversario. Moitas felicidades peque! Desexamos que tiveses un estupendo día!



miércoles, 11 de junio de 2014

FESTEXAMOS O CUMPLE DE OLALLA!

Hoxe tivemos outro cumple, o da nosa amiga Olalla. Aínda que o seu aniversario é no mes de xullo, decidimos facelo hoxe, porque así podemos felicitala e darlle moitos bicos.
Foi un momento moi divertido, onde lle cantamos os parabéns, lle tiramos das orellas e probamos a deliciosa tarta que fixo a mamá de Olalla.
Moitos parabéns Olalla! Desexamos que desfrutases moito do teu día!!



MÁIS FLORES NA NOSA AULA

Aproveitando que hoxe Alicia nos trouxo un montón de flores chulísimas, estivemos observándoas, coñecendo as súas características e vendo as partes que as forman. 
Foi un momento moi enriquecedor e entretido. Moitas grazas Alicia!



martes, 10 de junio de 2014

CELEBRAMOS O CUMPLE DE LETICIA!

A nosa amiga Leticia está de cumple no mes de Agosto, pero nós non estamos para celebralo. Así que hoxe fixemos unha festa, para que Leticia teña os nosos parabéns e reciba todo o noso cariño. Estivemos cantando, tirámoslle das orellas e comemos unha tarta que estaba riquísima.
Moitos parabéns Leticia! Desexamos que tiveses un estupendo día!!



domingo, 8 de junio de 2014

EXPERIMENTAMOS COS CARAVEIS!

Aproveitando que estamos na primavera e coñecemos as partes das flores, fixemos un experimento para ver como estas absorben a auga e os minerais. Para iso utilizamos tres vasos de tubo, unha pouca auga, colorante alimentario de 3 cores (azul, amarela e vermella) e caraveis.
PRIMEIRO, botamos auga nos tres vasos de tubo.
SEGUNDO, botámoslle os 3 colorantes, un en cada vaso e ulimos cada un deles. Algúns pensamos que ulía a amorodos e outros que parecía xelatina.
TERCEIRO, cortámoslle un pouco o talo para que non deitase o vaso.
CUARTO, pensamos que lle pode ocorrer aos caraveis; uns dixemos que morrerían, outros que seguirían igual e houbo quen dixo que cambiarían de cor.
QUINTO, puxemos os caraveis e esperamos a ver os cambios.
SEXTO, falamos sobre o colorante alimentario e para que se utiliza. Falamos das golosinas que son de cores, os caramelos ou os pasteis. E entón foi cando varios preguntamos que pasaría se mesturamos as cores. Logo decidimos facer unha proba, mesturar amarelo con azul. O resultado foi que saiu a cor verde, na cal tamén puxemos un caravel para observar.
SÉPTIMO, ao longo da mañá puidemos observar como os pétalos dos caraveis ían amosando a cor da auga que absorberon.
OITAVO, quedamos de ver como estarían o luns ao chegar á aula.
Que ben o pasamos!





viernes, 6 de junio de 2014

ESTAMOS CONVIDADOS!

Este venres os nosos amigos e amigas de 5 anos trouxéronnos unha simpática invitación para a súa graduación. Estamos moi emocionados porque imos ser testemuñas dunha tenra e emocionada celebración. 
Moitas grazas pola invitación Mamuts! Ímolo pasar moi ben!


jueves, 5 de junio de 2014

UN NIÑO DE PAXARO NA CLASE DOS DODOS

Hoxe o noso amigo Carliños tróuxonos un niño dun paxaro á clase. Foi unha grande sorpresa que nos encantou, pois puidemos observar de preto como estaba feito. Carlos contounos onde estaba e como o colleron.
Logo, pensamos como o puido facer a mamá paxaro, comprobamos canto pesaba e falamos de porqué os paxaros intentan facer os seus niños nas árbores. 
Foi unha actividade moi entretida e enriquecedora. Moitas grazas Carliños!



miércoles, 4 de junio de 2014

A VISITA DA CURUXA "DUDA"

Hoxe tivemos unha visita moi especial, a dun cetreiro que viña acompañado dunha simpática curuxa chamada "Duda". Despois da hora do patio, fomos cara a pista do cole para ver como Duda voaba dun lado ao outro. Vimos como o facía, pero logo escapou da nosa vista. Estaba algo avergonzada pola presenza de tantos nenos e nenas mirando para ela.
Ao remate o cetreiro tróuxonola á aula, alí puidemos tocala e observar con detalle como era. Fixemos moitas preguntas e descubrimos un lote de cousas que non sabiamos. 
Mirade que bonita é!



lunes, 2 de junio de 2014

OS MELLORES LECTORES DE MAIO

No mes de Maio os mellores lectores da aula dos Dodos foron Alfonso e Carlos, polo seu desfrute ante os contos e as pequenas historias. Moitos parabéns amigos! Quenes serán para o vindeiro curso?


viernes, 30 de mayo de 2014

FESTEXAMOS O CUMPLE DE RODRI!

O noso amigo Rodri non cumple os anos ata o mes de xullo, pero nese mes non estamos todos xuntos para festexalo. Así que este venres fixemos unha boa festa, para que Rodri non quede sen os parabéns dos seus amigos e amigas. Cantamos, tirámoslle das orellas e comemos unha deliciosa tarta.
Moitas felicidades peque! Desexamos que pasases un estupendo día!


domingo, 25 de mayo de 2014

OS VERMIÑOS DA SEDA XA TEÑEN A SÚA CASIÑA

Despois de varias semanas comendo, cambiando a muda e medrando moito, os nosos vermiños da seda comezaron a facer as súas casiñas. Primeiro deixaron de comer, logo buscaron o sitio máis axeitado para encasular e ao remate fixeron o casulo. Houbo un vermiño que non o fixo, polo que veremos a súa metamorfose día a día.
Dentro duns 20 días sairán unhas fermosas bolboretas!







viernes, 23 de mayo de 2014

O DÍA DA FAMILIA

Para festexar o día da Familia, os nenos e nenas do Labartapedra decidimos facer un retrato das persoas que viven na nosa casa, a nosa familia.
Despois de facer uns simpáticos debuxos de cada un dos membros da familia, decoramos con papeliños de cores as bandexas que farán de marcos para o retrato. Logo cubrimos con alkil os papeliños, para que non se despegasen. Ao remate coloreamos a etiqueta que vai pegada detrás da bandexa.
Quedarónnos uns agasallos moi chulos! Moitas felicidades familias!


martes, 20 de mayo de 2014

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Chegou o día sinalado, o día para o que tanto ensaiamos e ao que tantas horas lle adicamos cantando e bailando. Ben mereceu a pena porque nos saiu MOOOOOOI BEN, menudos artistas estamos feitos!
Cos nosos traxes de pitiños amareliños saímos a interpretar unha canción, que escollemos coa nosa profe e que nos encantou! É unha canción moi simpática que pertence a un proxecto musical brasileiro chamado "Galiña Pintadiña". Esta canción permitiunos coñecer unha nova lingua, a portuguesa. Mirade, mirade!!


 Antes da actuación estabamos un pouco ansiosos e á espreita de que todo nos saíse moi ben. Repasamos as instrucións máis importantes e arrancamos para o auditorio tod@s emocionad@s para amosar toda A ARTE que temos.


E aquí está a nosa actuación, non perdades detalle porque foi moi simpática!


NORABOA DODOS! ESTIVÉSTEDES FANTÁSTICOS! 
UN ABRAZO ENORME PEQUES E MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

lunes, 19 de mayo de 2014

O NOSO ARTSIOM ESTIVO DE CUMPLE!!

Hoxe foi un día moi especial para Os Dodos, pois o noso amigo Artsiom cumplíu 4 aniños. Menuda mañán pasamos cantándolle os parabéns, tirándolle das orellas e soprando nas velas da deliciosa tarta que trouxo. Moitas felicidades amiguiño! Desexamos que pasaras un fermoso día!



miércoles, 14 de mayo de 2014

RECIBIMOS DOUS PREMIOS!

Despois dunha magnífica Carreira pola lingua, os pequenos e pequenas de Baio, recibimos un premio polo noso grande esforzo. Representando aos Dodos, Rodrigo e Alicia foron os encargados de recoller os agasallos.
Tamén recibimos un premio pola participación no certame literario, na modalidade de debuxo.
Neste caso Os Dodos pintamos os nosos soños, basándonos no cadro "Sueños 1" da pintora galega Mª Luisa Rojo-Novais. Un cadro cheo de formas abstratas e con moito colorido.
Foi tanta a emoción polos premios recibidos que case non aguantamos a chegar á aula para ver o seu contido. Menuda sorpresa nos levamos, un corda e unha goma para saltar como premio pola Carreira e varios contos de animais polo noso benfacer no certame literario.
Mirade, mirade!








domingo, 11 de mayo de 2014

TRABALLAMOS NA HORTA

Chega o bo tempo e Os Dodos convertímonos nuns estupendos agricultores. Coa axuda dos profes Chus, Marta e Xaquín fomos á horta do cole para plantar uns tomates cherry. Primeiro fixemos uns ocos para meter a planta do tomate e logo botámoslle terra para tapar. Ao remate o profe Xaquín botoulles unha pouca auga para que medren con moita enerxía. 
Nos vindeiros días iremos vendo como evolucionan, estade moi atendos!



viernes, 9 de mayo de 2014

OS MELLORES LECTORES DE ABRIL

No mes de abril os mellores lectores da aula dos Dodos son Manuel e Leticia, pola súa boa disposición e interese ante a lectura dos contos. Moitas felicidades peques! A quen lle tocará no mes de maio?


sábado, 26 de abril de 2014

TEMOS UNS INVITADOS NA AULA!

Este venres chegaron á nosa aula uns amiguiños moi simpáticos, Os Vermes da Seda. Aínda son moi pequeniños, pero pouco a pouco van ir medrando ata convertirse en bolboretas. Antes teñen que pasar por varias fases: seguir medrando, mudar a súa pel e encasular. Para iso temos que darlle de comer tódolos días, pero non serve calquera comida, soamente comen follas de Moreira.
Agora toca esperar e ver como cambian!


viernes, 25 de abril de 2014

SEMANA DO LIBRO: OS PADRIÑOS

Para pechar a semana do libro, levamos a cabo unha actividade moi entrañable e simpática. 
Os nosos amigos e amigas de 3º e 4º curso convertíronse, por un día, nos nosos padriños e madriñas para contarnos un conto. Foi un momento moi especial, no que ademais de escoitar unha fermosa historia tamén comemos un delicioso ovo de chocolate.
Mirade, mirade!




martes, 15 de abril de 2014

REMATE DO 2º TRIMESTRE

Chegamos ás vacacións de Semana Santa e xa queda menos para rematar o curso. Durante estes meses Os Dodos fomos aprendendo cousas novas, coñecendo novos amigos, divertíndonos e traballando moito.
Imos a un cole de maiores e como tal xa nos comportamos como o que somos, uns nenos e nenas moi responsables e sobre todo MAIORES! 
Desfrutade moito das vacacións que á volta espéranos un trimestre moi emocionante!


COMO FIXEMOS AS PORTADAS DOS TRABALLOS?

Neste 2º trimestre e aproveitando a presenza da Primavera, Os Dodos elaboramos unhas simpáticas portadas moi acordes coa estación na que estamos.
Tal e como podedes observar nas fotos, o primeiro que fixemos foi decorar o fondo da portada. Coa axuda dunha esponxa arrastramos a cor branca para simular que fosen nubes. Logo picamos en papel charol verde a forma da herba, para despois pegar enriba do fondo azul.
Unha vez rematado o fondo, picamos a xoaniña, recortamos papeis vermellos de celofán e pegámolos debaixo das súas ás. Ao remate puxémoslle ollos, boca e uns divertidos pompóns simulando facer de antenas. Pegamos a xoaniña no fondo azul e puxemos flores de cores enriba da herba.
Quedáronnos unhas portadas moi chuliñas. Mirade, mirade!!



martes, 1 de abril de 2014

ALFONSO E MANUEL XA TEÑEN 4 ANOS!

Este luns pechamos o mes de marzo festexando o cumple dos nosos amigos Alfonso e Manuel. Trouxéronnos unha deliciosa tarta que saboreamos á par que lle cantamos os parabéns. Foi un día moi especial que pasamos na súa compaña, tirándolles das orellas e desfrutando de seu grande momento.
Moitos parabéns amguiños!



OS MELLORES LECTORES DE MARZO

No mes de marzo destacamos como mellores lectores a Miguel e a Teo, polo seu interese por coñecer novas historias e amosar unha enorme emoción ante a lectura dun novo conto. A quen lle tocará no mes de Abril?


lunes, 31 de marzo de 2014

PINTAMOS COMA PIET MONDRIAN

Despois de coñecer a Paul Cèzanne e a algún dos seus cadros máis destacados, os Dodos puxémonos mans á obra e desta vez investigamos un pouquiño sobre a vida e obra de Piet Mondrian.
Descubrimos que era un famoso pintor holandés que lle gustaba moito facer raias ata formar cadrados e rectángulos de distintas formas. Tamén averiguamos que tivo unha época na que soamente pintaba coas cores vermella, amarela, azul, negra e branca.
Como nos gusta moito ser pintores profesionais, decidimos pintar coma Mondrian. Fixemos moitas raias, cadrados e rectángulos, pintamos de vermello, azul, amarelo e branco. O resultado foi impresionante, mirade que artistazos estamos feitos!!



martes, 25 de marzo de 2014

O DÍA DA ÁRBORE

Cadrando coa chegada da Primavera, este venres festexamos no cole O Día da Árbore. Un acontecemento que debemos ter moi presente todo o ano e no que lembramos a importancia de protexer as superficies arboladas.
Coa axuda da profe Chus, Os Dodos plantamos unha fermosa planta no xardín do cole. Pero antes o profe Xaquín fíxonos un buraco para metela dentro. Como este era algo grande botámoslle unha pouca terra para que asentase mellor, logo a profe Chus ensinounos como colocala e como botarlle terra para tapar.
Ao remate botámoslle unha pouca auga, tanto a nosa nova planta como ás demais que a rodeaban.
Mirade, mirade!




viernes, 21 de marzo de 2014

CUMPLE DO NOSO CARLIÑOS

Hoxe o noso Carliños cumpliu 4 anos. Foi unha moi boa festa! A súa mamá trouxonos unha tarta super simpática e moi saborosa, repetimos un montón de veces! Tamén lle cantamos os parabéns, sopramos na vela, tiramos das orellas e botamos unhas divertidas bailas. Que tarde máis divertida!
Moitos parabéns Carlos!!



lunes, 10 de marzo de 2014

LAURA XA TEN 4 ANOS!

Hoxe tivemos celebración na aula dos Dodos. A nosa Laura cumpliu 4 anos e coma en toda festa tivemos de todo. Cantamos todos xuntos os parabéns, tirámoslle das orellas, sopramos nas velas e saboreamos unha deliciosa tarta, que traía debuxada a unha simpática Peppa Pig.
Menuda festa! Moitos parabéns Lauriña!


domingo, 2 de marzo de 2014

OS MELLORES LECTORES DE FEBREIRO

Neste mes de Febreiro destacamos como mellores lectores a Olalla e a Rodrigo, polo seu enorme interese por coñecer novos contos e desexar contalos aos seus compañeiros/as. A quen lle tocará no mes de Marzo?


O ENTROIDO

Desexamos que pasedes un bo Entroido, comendo ricas lambetadas e discorrendo os mellores e máis tolos disfraces. Unha aperta!


viernes, 28 de febrero de 2014

O VENRES DO ENTROIDO: A PREHISTORIA

Por fin chegou o esperado venres e Os Labartapedra fomos á conquista de novos territorios. Comezamos a nosa andadura todos xuntos e na compaña das nosas familias, foi un traxecto moi divertido e agradable. Chegamos ao Instituto e alí fomos recibidos con moito agarimo e ricos postres de entroido. Para pechar esta aventura un grupo de gaiteiros amenizou a visita con sons da terra.
Mirade que guapos estamos!


miércoles, 26 de febrero de 2014

O MÉRCORES DO ENTROIDO: PIXAMA

Para este mércores o Meco dixo: SE O MÉRCORES TE QUERES DIVERTIR, UN PIXAMA DEBERÁS VESTIR. E aquí estamos! 


martes, 25 de febrero de 2014

O MARTES DO ENTROIDO: ELEGANTES

Despois de que o Meco nos dixese "COMO O MARTES É UN DÍA IMPORTANTE, TERÁS QUE VIR ELEGANTE" Os Dodos puxémonos de gala. Mirade, mirade!


lunes, 24 de febrero de 2014

O NOSO MIGUEL XA TEN 4 ANOS!

Hoxe festexamos o cumple de Miguel. Comemos un bizcoito delicioso decorado por Miguel, cantámoslle os parabéns, tirámoslle das orelliñas e bailamos todos xuntos. Foi un día moi completo, cheo de ledicias e diversión.
Moitos parabéns Miguel!!!

O LUNS DO ENTROIDO: CARA PINTADA

Neste luns o Meco deunos a orde "O LUNS MOI LEDO VIRÁS E ALGO NA CARA PINTARÁS", Os Dodos fixémoslle caso e chegamos así de guapos!!


domingo, 23 de febrero de 2014

O NOSO CORPO

Os Dodos estivemos aprendendo cousas sobre o corpo, coñecemos os 5 sentidos, fixemos xogos para estimulalos, observamos as características de cada un de nós (cor de ollos, cor de pelo, talla...) e aprendemos as distintas partes que o forman. 
Aproveitando o tema, debuxamos a grande escala e escollemos a Olalla para marcar a forma do seu corpo nun papel. Logo pintamos a uns novos amigos, comparámolos co debuxo de Olalla e sinalámoslles as distintas partes. 
Para rematar, entre todos debatemos e escollémoslle un nome a cada un. Levounos tempo pero ao remate..... aquí vos presentamos a NICOLÁS e a MARUXA, os nosos novos amigos!!


domingo, 9 de febrero de 2014

"JARRA Y FRUTAS" DE PAUL CÈZANNE

Por unhas semanas Os Dodos transformámonos nuns estupendos pintores e elaboramos o bodegón "Jarra y Frutas" do pintor francés Paul Cèzanne. 
Primerio coñecemos un pouco da súa vida e logo escollemos un cadro para realizar. De seguido, comezamos a pintar o fondo con pinceis, algúns pensamos que o cadro sería máis bonito se lle puxeramos un toque de rosa, violeta ou vermello... porque non? Cada un escolleu o fondo que máis lle gustaba. Ao rematar pintamos as froitas, a xerra e o prato. Para o sombreado utilizamos unhas esponxas con cores escuras, estas déronlle un toque especial ao cadro. 
Unha vez seco, picamos cun punzón cada un dos elementos do cadro, para logo organizalos e rematar compoñéndoo.
Levounos moito tempo, pero os resultados son impresionantes! Mirade, mirade!


domingo, 2 de febrero de 2014

PREPARATIVOS PARA O DÍA DA PAZ

A semana pasada celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. No Labarta Pose levamos traballándoa durante todo o curso, pois hai que tela presente no día a día. Pero foi nesta semana cando afondamos un pouquiño máis.
 A profe Marga ensinounos a coreografía para a canción "Cantarela dos Nenos", que ben nos saiu! E elaboramos unhas coroas co símbolo da Paz, mirade que guapos estamos!


viernes, 31 de enero de 2014

OS MELLORES LECTORES DE DECEMBRO-XANEIRO

Como o mes de Decembro e Xaneiro foron curtos, desde a biblioteca do centro propúxose xuntalos para sinalar aos mellores lectores. É por isto que nos meses de Decembro-Xaneiro escollemos, pola súa motivación, esforzo e moitos ensaios previos, a Alicia e a Artsiom. A quen lle tocará no mes de Febreiro?

miércoles, 22 de enero de 2014

ALICIA XA TEN 4 ANOS!

Hoxe a nosa amiga Alicia fixo 4 anos. Menuda festa que montamos! Alicia decorou o biscoito con deliciosas formas e púxolle o seu nome. Antes de soprar cantámoslle os parabéns e para rematar tirámoslle das orellas, non sen antes botarlle unhas bailas. Que ben o pasamos!!
Mooooooitos parabéns Alicia!!


jueves, 16 de enero de 2014

LAVAMOS OS DENTES NO COLE!

Neste segundo trimestre os nenos e nenas de tres anos comezamos a lavar os dentes. Tanto empeño poñemos que ademais de quedar limpos, quedan moi brillantes. Mirade, mirade!!




lunes, 13 de enero de 2014

A MOCHILA LARANXA DA BIBLIOTECA

A semana pasada os nenos e nenas de 3 anos levamos por primeira vez a mochila laranxa da biblioteca. Nesta mochila ía un conto para ler en familia, unha tarxeta onde explicaba o porqué da actividade e unha ficha onde os peques tiñan que debuxar o que máis lle gustou do conto.
Dita actividade vainos acompañar durante todo o curso, polo que levaremos a mochila todos os venres e traerémola de volta os luns (coa tarxeta, a ficha e o conto).
Desexamos que desfrutedes coa actividade!


miércoles, 8 de enero de 2014

AGASALLO DOS REIS MAGOS

O noso primeiro día de cole, despois das vacacións de Nadal, foi moi emocionante. Nada máis chegar á aula atopamos un enorme agasallo. Menuda sorpresa nos deixaron os Reis Magos. Mirade, mirade!!


domingo, 5 de enero de 2014

OS DODOS E OS REIS MAGOS

Aproveitando hoxe a chegada dos Reis Magos de Oriente para repartir maxia e ilusión entre os máis pequenos/as, deixámosvos unha pequena proba da súa visita ao colexio. 
Con anterioridade, Os Dodos escribimos a carta, pintámola e levámoslla ás súas maxestades! Que día máis emocionante! E o mellor está por chegar, xa que mañán teremos os seus agasallos!


FELIZ ANO 2014!

Desexámosvos un Feliz Ano Novo 2014!! Que todos os vosos desexos e propósitos se cumplan!!
Un enorme abrazo!