viernes, 28 de febrero de 2014

O VENRES DO ENTROIDO: A PREHISTORIA

Por fin chegou o esperado venres e Os Labartapedra fomos á conquista de novos territorios. Comezamos a nosa andadura todos xuntos e na compaña das nosas familias, foi un traxecto moi divertido e agradable. Chegamos ao Instituto e alí fomos recibidos con moito agarimo e ricos postres de entroido. Para pechar esta aventura un grupo de gaiteiros amenizou a visita con sons da terra.
Mirade que guapos estamos!


miércoles, 26 de febrero de 2014

O MÉRCORES DO ENTROIDO: PIXAMA

Para este mércores o Meco dixo: SE O MÉRCORES TE QUERES DIVERTIR, UN PIXAMA DEBERÁS VESTIR. E aquí estamos! 


martes, 25 de febrero de 2014

O MARTES DO ENTROIDO: ELEGANTES

Despois de que o Meco nos dixese "COMO O MARTES É UN DÍA IMPORTANTE, TERÁS QUE VIR ELEGANTE" Os Dodos puxémonos de gala. Mirade, mirade!


lunes, 24 de febrero de 2014

O NOSO MIGUEL XA TEN 4 ANOS!

Hoxe festexamos o cumple de Miguel. Comemos un bizcoito delicioso decorado por Miguel, cantámoslle os parabéns, tirámoslle das orelliñas e bailamos todos xuntos. Foi un día moi completo, cheo de ledicias e diversión.
Moitos parabéns Miguel!!!

O LUNS DO ENTROIDO: CARA PINTADA

Neste luns o Meco deunos a orde "O LUNS MOI LEDO VIRÁS E ALGO NA CARA PINTARÁS", Os Dodos fixémoslle caso e chegamos así de guapos!!


domingo, 23 de febrero de 2014

O NOSO CORPO

Os Dodos estivemos aprendendo cousas sobre o corpo, coñecemos os 5 sentidos, fixemos xogos para estimulalos, observamos as características de cada un de nós (cor de ollos, cor de pelo, talla...) e aprendemos as distintas partes que o forman. 
Aproveitando o tema, debuxamos a grande escala e escollemos a Olalla para marcar a forma do seu corpo nun papel. Logo pintamos a uns novos amigos, comparámolos co debuxo de Olalla e sinalámoslles as distintas partes. 
Para rematar, entre todos debatemos e escollémoslle un nome a cada un. Levounos tempo pero ao remate..... aquí vos presentamos a NICOLÁS e a MARUXA, os nosos novos amigos!!


domingo, 9 de febrero de 2014

"JARRA Y FRUTAS" DE PAUL CÈZANNE

Por unhas semanas Os Dodos transformámonos nuns estupendos pintores e elaboramos o bodegón "Jarra y Frutas" do pintor francés Paul Cèzanne. 
Primerio coñecemos un pouco da súa vida e logo escollemos un cadro para realizar. De seguido, comezamos a pintar o fondo con pinceis, algúns pensamos que o cadro sería máis bonito se lle puxeramos un toque de rosa, violeta ou vermello... porque non? Cada un escolleu o fondo que máis lle gustaba. Ao rematar pintamos as froitas, a xerra e o prato. Para o sombreado utilizamos unhas esponxas con cores escuras, estas déronlle un toque especial ao cadro. 
Unha vez seco, picamos cun punzón cada un dos elementos do cadro, para logo organizalos e rematar compoñéndoo.
Levounos moito tempo, pero os resultados son impresionantes! Mirade, mirade!


domingo, 2 de febrero de 2014

PREPARATIVOS PARA O DÍA DA PAZ

A semana pasada celebramos O DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA. No Labarta Pose levamos traballándoa durante todo o curso, pois hai que tela presente no día a día. Pero foi nesta semana cando afondamos un pouquiño máis.
 A profe Marga ensinounos a coreografía para a canción "Cantarela dos Nenos", que ben nos saiu! E elaboramos unhas coroas co símbolo da Paz, mirade que guapos estamos!