sábado, 26 de abril de 2014

TEMOS UNS INVITADOS NA AULA!

Este venres chegaron á nosa aula uns amiguiños moi simpáticos, Os Vermes da Seda. Aínda son moi pequeniños, pero pouco a pouco van ir medrando ata convertirse en bolboretas. Antes teñen que pasar por varias fases: seguir medrando, mudar a súa pel e encasular. Para iso temos que darlle de comer tódolos días, pero non serve calquera comida, soamente comen follas de Moreira.
Agora toca esperar e ver como cambian!


viernes, 25 de abril de 2014

SEMANA DO LIBRO: OS PADRIÑOS

Para pechar a semana do libro, levamos a cabo unha actividade moi entrañable e simpática. 
Os nosos amigos e amigas de 3º e 4º curso convertíronse, por un día, nos nosos padriños e madriñas para contarnos un conto. Foi un momento moi especial, no que ademais de escoitar unha fermosa historia tamén comemos un delicioso ovo de chocolate.
Mirade, mirade!




martes, 15 de abril de 2014

REMATE DO 2º TRIMESTRE

Chegamos ás vacacións de Semana Santa e xa queda menos para rematar o curso. Durante estes meses Os Dodos fomos aprendendo cousas novas, coñecendo novos amigos, divertíndonos e traballando moito.
Imos a un cole de maiores e como tal xa nos comportamos como o que somos, uns nenos e nenas moi responsables e sobre todo MAIORES! 
Desfrutade moito das vacacións que á volta espéranos un trimestre moi emocionante!


COMO FIXEMOS AS PORTADAS DOS TRABALLOS?

Neste 2º trimestre e aproveitando a presenza da Primavera, Os Dodos elaboramos unhas simpáticas portadas moi acordes coa estación na que estamos.
Tal e como podedes observar nas fotos, o primeiro que fixemos foi decorar o fondo da portada. Coa axuda dunha esponxa arrastramos a cor branca para simular que fosen nubes. Logo picamos en papel charol verde a forma da herba, para despois pegar enriba do fondo azul.
Unha vez rematado o fondo, picamos a xoaniña, recortamos papeis vermellos de celofán e pegámolos debaixo das súas ás. Ao remate puxémoslle ollos, boca e uns divertidos pompóns simulando facer de antenas. Pegamos a xoaniña no fondo azul e puxemos flores de cores enriba da herba.
Quedáronnos unhas portadas moi chuliñas. Mirade, mirade!!



martes, 1 de abril de 2014

ALFONSO E MANUEL XA TEÑEN 4 ANOS!

Este luns pechamos o mes de marzo festexando o cumple dos nosos amigos Alfonso e Manuel. Trouxéronnos unha deliciosa tarta que saboreamos á par que lle cantamos os parabéns. Foi un día moi especial que pasamos na súa compaña, tirándolles das orellas e desfrutando de seu grande momento.
Moitos parabéns amguiños!



OS MELLORES LECTORES DE MARZO

No mes de marzo destacamos como mellores lectores a Miguel e a Teo, polo seu interese por coñecer novas historias e amosar unha enorme emoción ante a lectura dun novo conto. A quen lle tocará no mes de Abril?